Fitos de Astano
En 1941 empezan as actividades en Astano. Primeiras instalaciónsPrimeiras Instalacions
En 1942 constrúense os VaradeirosVaradeiros
O pesqueiro Comandante Lobo foi o primeiro buque construído en Astano
A botadura foi o 25/8/1942 para o armador "Plana e Cia", cunha eslora de 23 metros e 66 toneladas de peso morto
O seu presuposto foi de 1.185.000 pts. (7.121,99 €). Despois de retirado da pesca, o seu casco serviu de batea
Comandante Lobo
O pesqueiro Tabeirón foi o primeiro buque con casco de aceiro construído en Astano
A botadura foi o 21/11/1945 para o armador "Pesqueros Tabeirones", cunha eslora de 29 metros e 150 toneladas de peso morto
O seu presuposto foi de 1.185.000 pts. (7.121,99 €)
Tabeirón
En 1945 entrou en funcionamento o primeiro dos Carros Varadeiros para barcos de ata l.000 toneladas de peso morto, os dous restantes termináronse nos anos 1948 e 1949Carros Varadeiros
En 1946 constrúense 5 Gradas para buques con casco de aceiro e 4 para buques con casco de madeiraGradas Vellas
En 1954 constrúense as dúas naves do Taller de Maquinaria de 112 metros de lonxitude e 24 metros de ancho en formigón armado e cun cerramento totalmente acristaladoTaller de Maquinaria
En 1955 constrúese o edificio de Oficinas XeraisOficinas Xerais
En 1956 inaugurábase o Dique 1 de 160 metros de eslora e 24 metros de manga. Empezouse a construír en 1953Dique 1
En 1957 realízase a ampliación do Taller de Maquinaria encostado ao xa existenteTaller de Maquinaria
En 1957 constrúense os Talleres de Armadores e Gálibos, cunha superficie cuberta que supera os 10.000 m²Armadores e Gálibos
En 1958 constrúense as catro naves dos Talleres de Plomeros e MonturasPlomeros e Monturas
O cargueiro Río Umia foi o primeiro buque construído en Astano con máis de 100 metros de eslora
A botadura foi o 14/10/1958 para o armador "Naviera Compostela", cunha eslora de 110 metros e 5.010 toneladas de peso morto
O seu presuposto foi de 64.149.000 pts. (385.543,25€). Foi despezado en Gadani Beach (Pakistán) o 3/10/1984
Río Umia
En 1959 móntanse 18 Grúas cunha potencia entre 10 a 100 toneladasGrúas Cegoña
En 1960 rematan as obras iniciadas en 1957 das Novas Gradas de 270 metros de lonxitude por 40 metros de ancho. Ao longo do tempo sufriron varias ampliacións ata alcanzar os 336 metros de lonxitude, unha delas de 49 metros de ancho, e a outra de 58 metros de anchoGradas Novas
O petroleiro Campomarino foi primeiro petroleiro construído en Astano
A botadura foi o 27/06/1964 para o armador "CAMPSA", cunha eslora de 64 metros e 1.000 toneladas de peso morto
O seu presuposto foi de 29.593.997 pts. (177.863,50 €). Foi despezado en Barcelona o 13/3/1978
Campomarino
O petroleiro Ildefonso Fierro foi o primeiro petroleiro de gran tonaxe construído en Astano
A botadura foi o 6/6/1966 para o armador "Naviera Fierro", cunha eslora de 230 metros e 60.000 toneladas de peso morto
En 1976 transformouse en buque-almacén no pozo Casablanca (San Carlos de la Rápita). Foi despezado en 1982
Ildefonso Fierro
O petroleiro Ceuta foi o maior buque construído en estaleiros españois
A botadura foi o 25/4/1967 para o armador "Fletamentos Marítimos", cunha eslora de 265 metros e 91.100 toneladas de peso morto
O seu presuposto foi de 800 millones de pesetas (4.808.096,84 €). Foi despezado en Ulsan (Corea do Sur) o 13/1/1984
Ceuta
O metaneiro Laietá foi o primeiro metaneiro construído en estaleiros españois
A botadura foi o 21/12/1968 para o armador "Naviera de Productos Licuados" (Naproli), cunha eslora de 208 metros e 21.700 toneladas de peso morto. O seu presuposto foi de 2.200 millones de pesetas (13.222.266,30 €).
Nos seus máis de 38 anos de vida non tivo ningún incidente. Foi despezado en Chittagong (Bangladesh) o 4/9/2008
Laietá
O graneleiro Solares foi o maior buque graneleiro construído en estaleiros españois.
A botadura foi o 9/1/1970 para o armador "Naviera de Castilla", cunha eslora de 254 metros e 65.000 toneladas de peso morto
O 14/7/1986 embarrancou na Isleta (Las Palmas) en 28°10’N/15°24’O e foi despezado in situ
Solares
O Petroleiro Melilla foi o maior petroleiro construído en estaleiros españois
A botadura foi o 21/8/1970 para o armador "Fletamentos Marítimos" (Marflet), cunha eslora de 290 metros e 162.560 toneladas de peso morto
Foi despezado en Guangzhou (Hong Kong) o 31/12/1988
Melilla
En 1971 constrúese a Grúa Pórtico, a maior de Europa, cunha capacidade de elevación de 800 toneladas, e con 145 metros de luz e 74,5 metros de alturaGrúa Pórtico
En 1971 remata a primeira fase da Cooperativa de Vivendas San Valentín, 384 vivendas en 12 bloques que se empezaron a construír en 1962. En 1972 comeza a construción das 240 vivendas da segunda fase que se remataron en 1975Vivendas San Valentín
En 1972 inaugurábase o Dique 2 de 260 metros de eslora e 38 metros de manga e con capacidade para varar buques de ata 80.000 toneladas de peso morto. Empezouse a construír en 1966Dique 2
O petroleiro Arteaga foi o maior buque da Mariña Mercante española, o maior construído en Europa, e o máis grande do mundo botado en grada inclinada. Directivos de estaleiros xaponeses estiveron presentes para ver se rompía na botadura
A botadura foi o 15/4/1972 para o armador "Petronor", cunha eslora de 348 metros e 323.073 toneladas de peso morto
O seu presuposto foi de 3.250 millones de pesetas (19.532.893,39 €). Foi despezado en Kaohsiung (Taiwán) o 10/6/1983
Arteaga
O petroleiro Al Andalus foi o maior buque da Mariña Mercante española, o maior construído en Europa, e o máis grande do mundo botado en grada inclinada
A botadura foi o 14/11/1974 para o armador "Gulf Oil Corporation", cunha eslora de 363 metros e 362.946 toneladas de peso morto
Foi despezado en Kaohsiung (Taiwán) o 6/3/1985
Al Andalus
O petroleiro La Santa María é o maior buque da Mariña Mercante española e o máis grande do mundo botado en grada inclinada, e foi o maior buque construído en Europa
A botadura foi o 12/8/1975 para o armador "Petronor", cunha eslora de 363 metros e 363.150 toneladas de peso morto
O seu presuposto foi de 3.000 millones de pesetas (18.030.363,13 €). Foi despezado en Gadani Beach (Pakistán) o 28/9/1994
La Santa María
O Graneleiro El Dorado foi a derradeira construción convencional de Astano
A botadura foi o 17/09/1986 para o armador "Flynder Shipping", cunha eslora de 265 metros e 148.982 toneladas de peso morto
O seu presuposto foi de 14.450.000 $ (13.048.582 €). Foi despezado en Chittagong (Bangladesh) o 8/3/2012
El Dorado
A plataforma semisumerxible Drillmar I foi a primeira construción offshore de Astano
A botadura foi o 15/9/1989 para o armador "Drillmar Energy", cunha eslora de 91 metros, 13.572 toneladas de peso morto, e con capacidade para operar en profundidades de ata 457 metros
Drillmar I
A unidade de almacenamento flotante Alba FSU dispón para o fondeo dunha torre xiratoria BMIT, situada a proa, que lle permite virar libremente para optimizar a súa orientación ao vento e ás correntes
A botadura foi o 9/3/1993 para o armador "Chevron UK Limited", cunha eslora de 248,20 metros e 125.000 toneladas de peso morto
Alba FSU
O FPSO Petrojarl Foinaven foi o proxecto tecnicamente máis ambicioso que Astano acometeu no campo da construción naval offshore
A botadura da sección central foi o 28/8/1995 para o armador "Golar-Nor Offshore", cunha eslora de 240 metros e 44.767 toneladas de peso morto. Posteriormente uniuse no dique seco de Astano coa proa e a popa do Anadyr (buque para reparación de submarinos)
O seu presuposto foi de 36.000 millóns de pesetas (216.364.357,58 €)
Petrojarl Foinaven
O Captain FPSO foi o primeiro FPSO en botarse coa planta de proceso instalada
A botadura (de proa) foi o 2/7/1996 para o armador "Texaco North Sea UK", cunha eslora de 214 metros, 88.326 toneladas de peso morto e cunha capacidade de almacenamento de 600.000 barrís. O seu presuposto foi de 26.000 millones de pesetas (216.364.357,58 €)
Captain FPSO
O Discoverer Enterprise foi a maior plataforma de perforación do mundo, e a primeira en levar a cabo de forma dual as capacidades de perforación e prospección dos pozos petrolíferos, e en utilizar os propulsores dinámicos para extraer o cru e envialo a un barco auxiliar
A botadura foi o 12/12/1997 para o armador "Transocean Offshore", cunha eslora de 255 m. e 69.500 toneladas de peso morto
O seu presuposto foi de 37.436.850.000 pts. (225.000.000 €)
Discoverer Enterprise
O 13/1/1998 unha borrasca con refachos de vento que chegaron a alcanzar os 170 km/h, provocou que o Discoverer Enterprise, a maior plataforma de perforación do mundo con 254 metros de eslora, rompese as 16 estachas coas que estaba amarrada ao peirao do estaleiro e encaixásese na ponte das Pías. O forte impacto ocasionou o afundimento de cen metros da estrutura viaria. O Buque só sufriu algunhas abolladuras no cascoDiscoverer Enterprise
O FPSO Farwah foi a derradeira construción offshore de Astano
A botadura foi o 7/10/2002 para o armador "Exmar Offshore", cunha eslora de 211 metros e 135.514 toneladas de peso morto
O seu presuposto foi de 30.000 millones de pesetas (180.303.631,32 €)
Farwah
A barcaza para a planta de proceso de gas licuado do proxecto Snohvit foi a derradeira construcción de Astano
A botadura foi o 6/8/2003 para o armador "Statoil", cunha eslora de 154 metros e 8000 m² de superficie
A planta rematouse nas instalacións de "Dragados Offshore" en Puerto Real (Cádiz), e posteriormente foi trasladada á terminal de GNL na illa de Melkoya (Noruega)
Snohvit