B I B L I O G R A F í A
ASTANO: un estaleiro, unha vivencia de José Manuel Serantes Caínzos (2011 / 2015)
50 anos da nosa vida, 1965-2015 de Carlos Noche Golpe (2015)
60 anos despois, 1965-2025 de Carlos Noche Golpe (2025)
Fotos das Xuntanzas de José Manuel Serantes Caínzos (2025)
Técnicas de construción naval libro de Primitivo B. González López (2021)
Tempo pasado obra de Andrés Fernández Rifón (2025)
«O Poeta do Penedo» Xosé María Pérez Parallé (2019)
O «Patín» de José Deus López (2023)
San Valentín Maximino Souto Balado (2008)
50 Aniversario do «Curso do 65» (2022)

O libro "ASTANO: un estaleiro, unha vivencia" foi presentado na Casa da Cultura de Fene o 7 de xuño de 2011.

Contén información sobre a nosa promoción, as características principais e o historial dos buques construídos, ademais dunha recompilación de mais de 700 fotos dos buques nel construídos.

Os libros foron editados pola Deputación da Coruña e distribuídos gratuitamente polo Concello de Fene.

Ao estar esta edición esgotada, no ano 2015 con motivo do 50 aniversario da nosa entrada en Astano, solicitamos á Deputación da Coruña unha edición ampliada para corrixir algún erro, engadir máis información, e cunha recompilación de mais de 900 fotos dos buques nel construídos.


Bibliotecas onde se pode atopar o libro
Publicacións nas que se fai referencia a nós ou ao libro

Recortes de prensa sobre a presentación do libro

Recortes de prensa sobre o 50 Aniversario




Elexía de Carlos Noche Golpe




Texto de Carlos Noche Golpe




Álbum de fotos das Xuntanzas
(2000 - 2025)
Composición de José Manuel Serantes Caínzos


"Técnicas de construción naval"
de Primitivo B. González López

Os nosos parabéns a Primitivo B. González López, enxeñeiro xubilado de Astano, pola terceira edición do libro Técnicas de construción naval, e o noso agradecemento polo exemplar que nos fixo chegar.



"Tempo pasado", obra da
Exposición de pintura matérica “Viaxe a AsTaNo”
de Andrés Fernández Rifón

O Curso de Aprendices de Astano do ’65, prepara a conmemoración do 60 Aniversario da súa entrada en Astano, mantendo viva a lembranza dun colectivo que, coas súas destrezas, contribuíu ao desenvolvemento económico e social da comarca de Ferrolterra.

Con este motivo, o artista Andrés Fernández Rifón, cede unha reprodución do orixinal “Tempo pasado”, recollido na colección de pintura matérica “Viaxe a AsTaNo”, na que se recolle a súa andadura e a de seu pai polo estaleiro.



"O Poeta do Penedo" Xosé María Pérez Parallé
Artigo do Diario de Ferrol

Xosé María Pérez Parallé (Ferrol 1909-Fene 1987)
Mestre e escritor, viviu no lugar do Penedo e na década dos 60 entrou a traballar en Astano como peón caldeireiro e posteriormente fíxose cargo do arquivo e da biblioteca do estaleiro, tamén foi profesor e Subdirector na Escola de Aprendices.
Foi a persoa que nos recibiu en Astano cando entramos o 14 de setembro de 1965 para perguntarlle a cada un o taller dos dispoñibles no que quería empezar a traballar (Armadores, Gálibos. Maquinaria ou Plomeros)



"O patín" de José Deus
Artigo da Fundación das Ciencias e as Artes Militares

José Deus López (Mugardos, 1928-2023)
Doutor Enxeñeiro Naval e Capitán de Fragata, traballou en Astano desde 1963 ata a súa xubilación en 1993 como director do Departamento de Enxeñería e Estudos



Maximino Souto Balado
Artigo da Voz de Galicia
Fotos con Historia

Maximino Souto Balado
Traballou en Astano ata a súa xubilación onde foi profesor na escola de aprendices, enlace e xurado de empresa, e Presidente Fundador da Cooperativa de Vivendas San Valentín, tamé foi concelleiro de Fene nas primeras eleccións municipais en 1979.



50 aniversario do Curso do 65 de Astano
Artigo en Vinetur
50 Aniversario

O curso de 1965 de Astano celebrou o 50 aniversario da sua entrada no estaleiro os días 14, 16 e 17 de setembro de 2015.
O día 14 fixemos unha visita ao estaleiro e percorriamos a ría de Ferrol na lancha Rías Altas Dos.
O día 16 visitamos Adegas Vivanco (Briones, A Rioxa) convidados por Santiago Vivanco Sáenz e pernoitamos en Logroño.
O día 17 visitamos Adegas Valduero (Gumiel del Mercado, Ribeira do Douro) convidados por Yolanda García Viadero. Rematando o xantar, servíonnos unha botella magnum das anadas excepcionais, e agora descubrimos que de sobremesa tomamos unha botella de viño cuxo prezo é de máis de 3.300€.